23.1.09

Derradeira sesión do "LIBRO DAS ALQUIMIAS"


Onte tivemos a derradeira sesión do libro das alquimias, non estabamos ao completo pois Sara e Raquel tiñan exame no recreo e faltounos o poema de inicio. Estivemos falando das queimas de libros e de por qué acontecían. En xeral todas estaban contentas coa obra, resultoulles entretida polo argumento aínda que algunha opinou que o que non lles gustou foi a lingua. que era un pouco monótona.

VALORACIÓN DA OBRA: É unha novela que nos engancha e transporta a un pasado cheo de sabedoría a través dun relato misterioso e máxico que só as alquimias poden explicarnos; móstranos o valor dos libros como fonte de coñecemento, como gardiáns dun tesouro, aos que debemos protexer como unha marabillosa xoia.

O vindeiro xoves teremos o encontro co autor e poderán comentar con el as súas impresións e valoracións.