30.1.09

Día da PAZ e da non violencia.

Está mañá realizamos un acto simbólico pedindo a PAZ no mundo e en concreto a paz no conflito árabe-israelí; os alumnos de 4º da ESO elaboraron as bandeiras de Palestina e de Israel na entrada do centro con globos (os estoupidos dos que estouaron, que foron moitos, lembráronos as bombas caídas sobre Gaza) e a continuación no tempo de lecer emitimos desde RADIO PATIO un programa especial pola PAZ:
Xefi de 1º Bach. Humanidades leunos o comunicado en contra das guerras no mundo, " Para que se escoite o clamor de millóns no mundo que queren a Paz e o fin das guerras"; Alicia e Irene de 4º A, leron unha selección dos Dereitos Humanos: " Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e a seguridade da súa persoa"; Alba e Vanessa de 4º B leron un poema en francés de Môa, La violence á par que Sergio o facía en galego:
Sournoise et tapie dans lómbre / source de blessures et meurtrissures/ telle est cette bête immonde/ qui toujours hélas perdure...
Rebeca de 4º C leunos un poema de Xesús Constela sobre Gaza: A bóla, fría coma unha morta, estaba a chorar por Gaza. Sara Hermida de 4º B leunos a Ingeborg Bachmann, poeta árabe en galego, Miguel de 4º A leu La Paz de Pedro Barcena.
Remataron o acto os nosos pequenos de 1º da ESO C que non por pequenos deixan de ser as nosas estrelas da radio: Melisa que leu Para cando doutro poeta árabe, Muhammad Aziz ao-Hababi, Manuel que bordou Armas del futuro e puxo o colofón final Sonia léndonos o Poema nuclear de Celso Emilio Ferreiro.
A lectura destes textos estivo acompañada da 5ª Sinfonía de Bethoveen, e das Walquirias de Wagner .
Colaboraron coa Biblioteca e con Carlos de Radio Patio, a profesora de Educación para a cidadanía Montse Bragado, a Vicedirectora María, a profesora de lingua española Geles, a profesora de plástica Susana e o profesor de inglés Xesús e por suposto os protagonistas de 4º e 1º da ESO, Paz para todos eles.


29.1.09

ENCONTRO CO AUTOR: XESÚS CONSTELA

Esta mañá tivemos o encontro co noso autor; as chicas estaban un pouco nerviosas, pero Xesús animounas e pouco a pouco se foron animando a facerlle preguntas e a darlle a súa opinión sobre o autor: Por qué escollera o título, se había algo de autobiográfico nas súas obras e outras dúbidas relacionadas co argumento do Libro das Alquimias; ao do título respondeulles que escollera primeiro o título (Había de ter sonoridade en distintas linguas) e logo xurdiu o relato; en canto aos trazos autobiográficos contestou que só había pinceladas del mesmo. Faloulles doutros autores e tamén das outras obras que escribiu, "nelas hai cousas que funcionaron xa no primeiro libro como a mestura de ficción e realidade". Aquí temos unha pequena mostra: