15.3.09

Calvin & Hobbes no club de lectura de banda deseñada!






O venres pasado tivemos a primeira reunión dedicada aos “míticos” Calvin & Hobbes de Bill Watterson. Estamos a ler en concreto un libro chamado En todas partes hay tesoros. Estivemos a falar de anécdotas da vida de Bill Watterson e das personaxes da súa obra. Ademais compartimos as primeiras impresións do libro: as cousas que algunhas rapazas lles fixo rir, os detalles que lles facían reflexionar e os sentimentos que lles producía o achegamento a lectura de Calvin & Hobbes.
Aproveitamos para ler citas textuais do autor como: “Moita xente cre que Calvin está inspirado nun fillo meu, ou que se basea en recordos detallados da miña propia infancia En realidade non teño fillos, e fun un neno bastante tranquilo e obediente, case o contrario que Calvin... Sospeito que moitos de nós envellecemos sen crecer, e que dentro de cada adulto (ás veces moi dentro) hai un crío que quere que todo se faga á súa maneira. Utilizo a Calvin como saída á miña inmadurez, como unha forma de manter a miña curiosidade pola natureza, como unha forma de ridiculizar as miñas propias obsesións, e como unha forma de comentar a natureza humana”.
Foi unha reunión moi agradable. Outro momento máis co que rimos foi con esta frase de Bill Watterson: “Ás veces penso que a proba máis fehaciente de que existe vida intelixente no universo é que ninguén tentou contactar connosco”.