16.11.09

EN BANDA DESEÑADA COMEZAMOS LENDO MISTY CIRCUS


En efecto o clube de lectura de banda deseñada arranca o curso lendo Misty Circus de Victoria Francés. Esta autora está a ser todo un fenómeno de masas, mostra diso foi o enorme furor que causou no último Salón Internacional do Cómic de Barcelona de 2009.
En xeral a obra gustou, non obstante todos os alumnos desexan ler a segunda parte deste libro, xa que a historia que Victoria nos conta aínda non chegou ao desenlace...
Posto que Victoria Francés destaca polas súas ilustracións inauguramos ás nosas reunións cunha fermosa cita de Pablo Picasso que fai refencia a arte: "A ARTE É UNHA MENTIRA QUE NOS PERMITE COÑECER A VERDADE".

Este ano o grupo do clube de lectura é máis numeroso ca o ano pasado: BENVIDA AOS NOVOS! Desexamos que disfrutedes lendo os cómics e que o pasedes moi ben nas nosas reunións.

15.11.09

PRIMEIRA REUNIÓN DOS CLUBES DE LECTURA

Despois da organización, compra de libros, listados, reparto de días, etc...o pasado venres tivemos as primeiras reunións de dous dos grupos: O de Banda deseñada e o de 2º de bacharelato- grupo B.
Os alumnos de bacharelato leran os tres primeioros relatos de O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz, comezamos coa lectura da ficha do libro e xa entramos en situación; Gustaron máis dos relatos 1º e 2º (Un radiante silencio, Amor de agosto) xa que lles resultaron máis reais e non lles foi difícil poñerse na pel dos protagonistas, o terceiro (Esta estraña lucidez) resultolles máis complexa polo feito de que o narrador sexa un can que conta os amoríos dun personaxe morto. Todos confésanse uns románticos e non cren que o amor estea pasado de moda (Bravo por Agustín).

Aquí temos ao noso autor lendo o egundo dos relatos: