27.1.11

COMPARTINDO IMPRESIÓNS DE BANDA DESEÑADA...

Para hoxe acordamos traer lidas as catro primeiras historietas da obra de David Rubín "La tetería del oso malayo". Falamos de como nelas David fala de temas tan cruciais na vida como o amor, o desamor, a tristeza, a esperanza, a amizade, a escoita aos demais... Rematamos charlando sobre se é necesario que nos escoiten cando temos dificultades... sobre quen nos pode escoitar... sobre se todas as persoas teñen alguén en quen confiar...
Ademais os novos compañeiros do clube de lectura de banda deseñada, Borja e Jose Carlos, comentaron que lles está gustando a experiencia de ler banda deseñada e logo compartir as impresións. Alegrámonos moito diso e desexamos que siga sendo así! Tamén visitounos o clube unha antigua e apreciada alumna do instituto, Nerea, a cal tamén leu o libro e fíxonos disfrutar da súa compañía.
A nosa cita hoxe foi:"Que falacia o futuro! Cando cheguemos a donde sexa, cando sexa, só veremos o rostro do pasado" (María Jesús Alvarado)