12.10.11

O MITO DO MINOTAURO E "LOS JUEGOS DEL HAMBRE"

A guerra de Irak, un concurso de telerrealidade  e a mitoloxía grega  prenderon a semente en Suzanne Collins para comezar a redacción de "The hungry games".
O mito do Minatauro en concreto serviu de inspiración á autora e nós acudimos á Esther, a nosa profesora de grego para documentarnos, por iso agradecemos a súa colaboración cos clubs de lectura e publicamos o post que ela nos enviou para enriquecer as nosas lecturas: 

A LENDA DO MINOTAURO
O Minotauro, terrible monstro con corpo de home e cabeza de touro, naceu da raíña de Creta, Pasífae, e un touro branco enviado ao seu esposo, Minos, polo deus Poseidón. O deus castiga a Minos por non sacrificar o touro na súa honra e inspira en Pasífae unha terrible e contra natura paixón polo touro.

O rey Minos, horrorizado polo nacemento, quixo ocultar o monstro e mandou construír a Dédalo un intrincado labirinto onde encerrar ao Minotauro. Alimentábase a este monstro con carne humana, que proviña principalmente do tributo anual de sete rapaces e sete rapazas que Atenas estaba obrigada a pagar a Creta. O heroe ateniense Teseo foi o encargado de rematar con este oneroso pago da súa patria dando morte ao Minotauro coa axuda de Ariadna.

Tralo inicio da lectura, xa me contaredes se interpretastes a relación entre o mito e a novela... 



9.10.11

Leremos: LOS JUEGOS DEL HAMBRE

Comenzamos esta nova andaina de lecturas cun Reality Show impreso: LOS JUEGOS DEL HAMBRE.
Katniss deberá enfrentarse a duras probas, a crueis retos para gañar "a súa vida e a vida da súa familia". Tal coma dun xogo se tratase a nosa protagonista deberá enfrentarse a vinte e tres opoñentes combatendo pola vida propia mentres este enfrentamento se retransmite polas pantallas do país coma se fora "reality show" cirquense emitido por unha canle de televisión.
Acción, intriga, odio, amor, amistad, compaixón... mistúranse neste primeiro tomo da triloxía, unha historia protagonizada por rapaces novos que se enfrentan a súa morte de non ser vencedores. Los Juegos del Hambre de Suzzane Collins que en breve poderemos ver na gran pantalla e que seguro será un éxito coma os libros.
" Me meto en una pesadilla de la que despierto sólo para encontrarme con algo aún peor. Las cosas que más miedo me dan, las cosas que más temo que le sucedan a los demás, se manifiestan con unos detalles tan vívidos que me parecen reales..."