16.11.11

PRIMEIRAS IMPRESIÓNS DE "ARRUGAS" (PACO ROCA) O PREMIO NACIONAL DO CÓMIC NO 2008

 Estela: "Gustoume moito. Sorprendeume porque é un cómic diferente que non fala dos temas de sempre, non é de superheroes, é realista. Non me parece ben abandonar a un pai dese xeito nunha residencia. "
Borja: "Pareceume un bo cómic. A min non me parece mal que se leve a un pai a unha residencia da terceira idade, se un non ten tempo para coidalo. Pero é importante que o vaia a  ver de vez en cando. É certo que o libro fala da soidade e do paso do tempo."
Aida: "A min gustoume moito. Creo que fala dun tema normal, pero o mellor do libro é a maneira de contalo. A forma de contarche as cousas engancha... Sorprendeume a amizade que teñen dúas persoas maiores e enfermas. Chamoume moito a atención o momento en que trasladan ao protagonista á segunda planta da residencia (onde están os máis enfermos) e o amigo é capaz de afrontar moitos medos só para facerlle unha visita porque o bota de menos."
Rosa: "Lembroume a un que limos o ano pasado, o de María y yo..."
Manuel: "Creo que é un libro de banda deseñada interesante. Tamén me gusta como conta a historia o autor. Penso que si que existe a discriminación á terciera idade... o fillo debería visitar máis ao pai enfermo de Alzheimer. Iso non me parece ben, pero meter a unha persoa maior nunha residencia penso que non ten nada de malo. O que rouba a todos os enfermos da residencia é o listo... o que menos enfermo está... pero logo demostra que era por unha boa causa..."
Erik: "Hai moitos temas que comentar... por exemplo, eu non entendo como un amigo pode roubar aos colegas da residencia! Está moi ben o cómic..."
Santi, Merchi e Jose Carlos aínda non puideron ler o cómic pero asistiron igualmente á reunión, o cal agradecemos moito! Estamos intrigados na espera de saber a súa opinión sobre o mesmo.