25.2.12

Quando a morte se apaixona pelo violoncetista

" No dia seguinte ninguém morreu. O facto, por absolutamenten contràrio às normas da vida, causou nos espíritos uma perturbação enorme, efeito em todos os aspectos justificado, basta que nos lembremos de que não habia notícia nos quarenta volumes da história universal (...)"

(Así comenza As intermitências da morte de José Saramago, unha moi fermosa recomendación para gozar da súa escrita; e sabedes que lle tiña acontecido á morte?????).



(Para Carmen).

22.2.12

Compartindo lecturas: En Murcia len a Castelao

Seguimos compartindo lecturas cos nosos compañeiros do proxecto ARCE; no IES Juán Carlos I de Murcia están lendo Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete de Castelao, estamos encantados de que noutros puntos de España lean, interpreten e  valoren a nosa literatura.
Aquí vos deixo o enlace da entrada que sobre o relato publicaron no seu blog:

http://jc1leo-blog.blogspot.com/2012/02/un-ojo-de-vidrio.html?spref=fb




19.2.12

O CLAN DA LOBA de MAITE CARRANZA


O clan da loba é o primeiro título da triloxía de Maite Carranza (autora catalana Premio Nacional da literatura infantil e xuvenil 2011) "A guerra das bruxas". Cos dous títulos - o da novela e o da triloxía- xa temos información do subxénero narrativo ante o que nos presentamos: a narrativa fantástica; Fálanos de lobos e de bruxas, personaxes míticos da literatura popular;  na primeira páxina do primeiro tomo atopamos outro indicativo deste mundo misterioso, A profecía de O: "E un día chegará a elixida, descendiente de Om" que nos augura varios elementos da obra, un clan (o de Om), unha profecía ("...cabalgará o sol e brandirá a lúa...") e unha nena, Selene.
O primeiro tomo está estruturado en 33 capítulos organizados en profecías (o que vai vir), un libro e varios tratados (o que está escrito) e finaliza coas memorias (o que foi) que nos envolven en distintos tempos pasado e futuro e o valor do que se recolleu nos libros, característicos elementos da literatura fantástica.
O espazo tamén é mítico, a lúa -lembremos que Selene é o nome da lúa-, o Pirineo,  flotamos pois rodeados de misterio, de luz e de lendas e de mitos, a guerra das bruxas está a piques de comezar e a elexida debe superar o proceso de iniciación.
Anaid, as nosas bruxas, son mulleres actuais que levan a herdanza das súas antergas:

" Ela destacará entre todas,
será raíña e sucumbirá á tentación
(...)
Os ditados do corazón da elixida propiciarán a verdade.
A unha triunfará sobre as outras.
Definitivamente."