15.5.13

Brais preséntanos DRAGAL

Recollemos algunhas reflexións de Brais Rey (3º de ESO C) ao longo da súa lectura de DRAGAL de Elena Gallego Abad:
4ª semana:
    A irmandade do dragón foi creada polos dicípulos do apóstolo Santiago, según conta a lenda. Tras finar o apóstolo os discípulos buscaron un lugar de reposo para os restos deste, e chegaron a Galicia, alí atopáronse coa raíña Lupa, que lles negou o uso das terras e tras insistentes negativas envioulles a Dragal para quitalos do medio, pero contra todo prognóstico os discípulos derrotaron ao monstro. Tras o enterramento do apóstolo, os discípulos seguiron unidos e marabillados ante a forza do dragón, tanto lles fascinou e tanto aprenderon da esecia máxica-alquímica daquel ser, que fundaron a orde de Dragal.
    A orde constaba de sete cabaleiros que xuraran que tras duns séculos o tempo do dragón volvería a vida renacendo con eles. Os cabaleiros levan tatuado no brazo un ouroboros que simboliza o ciclo eterno, a condición de cabaleiro traspásase ao primoxénito deste, que herda a marca do ouroboros. Os cabaleiros agardan a chegada do Dragón e protexen as claves da ciencia secreta, necesarias para a reunión deste.
    drag8
    (Imaxe de Paula Crespo, 3º ESO B)
    5ª semana:
    As mouras son seres que descenden das crenzas pagás anteriores a cristianización en Galicia. Son seres de apariencia humana que posúen poderes sobrenaturais. A lenda da poza da Moura conta que un feiticeiro e a súa filla foron combater ao dragón, pero que o dragón namorouse da filla deste e raptouna para sí. A lenda conta que segue prisioneira nunha cova tras da poza agardando polo héroe que a rescate, ao cal recompensará cun dos segredos do dragón.






13.5.13

Raquel recoméndanos: “Os fillos do mar”


pedro





Esta novela gustoume moito principalmente pola trama posto que non me imaxinaba para nada que a historia se desenvolvera da maneira na que o fixo.





Xa ao comezo me resultou intrigante e por iso continuei lendo con ganas; a pesar disto, a parte na que comeza a falar de feiitos históricos resultoume un pouco lenta pero xa lidas unhas cantas páxinas máis, seguín a comprender de que se trataba e volveume resultar entretida.
Penso que é unha novela moi sinxela de ler e por iso quizais fun quen de lela en tan pouco tempo.
O que me resulta máis destacable da obra é o tesouro, o buraco e todo o que iso supuxo no pasado da familia; sen embargo eu resaltaría a historia amorosa xa que ademais de ser o fío condutor da novela fíxoseme interesante a relación que mantiveron.
Desde o meu punto de vista non é só unha novela de aventuras senón tamén histórica xa que fai moitas referencias á Guerra Civil, á Batalla de Rande e a temas do nazismo alemán durante a 2ª Guerra Mundial.
Así pois conclúo recomendándovos a súa lectura.
                                             Raquel Montes, 2º bacharelato B.
1 galeón de Manila