29.5.13

DRAGAL chegou á biblioteca.

Sara, Dessire e Gabriela de 3º de ESO D sorprendéronnos cun curioso agasallo: un fermoso Dragal para a nosa biblioteca y aquí está acompañándonos nas lecturas e nos estudios:


Valoración de "O corazón de Xúpiter"


Hoxe o club de 3º de ESO grupo 1, reunímonos para falar da valoración final de "O corazón de Xúpiter", no seguinte post podedes escoitar a sesión:


 

27.5.13

"El cartero y Pablo Neruda" adaptación videográfica do club de 1º de bacharelato


De novo estes chic@s e chic@s do club de lectura de primeiro de bacharelato volven a sorprendernos coas adaptacións que das súas lecturas fan en vídeo dentro do proxecto e-twinning Cinetura; nesta ocasión trátase de "El cartero de Pablo Neruda".
Unha marabillosa posta en escea, recoñecedes os escenarios???


          
El cartero y Pablo Neruda from Cinetura on Vimeo.

26.5.13

De catacumbas e pedras da serpe: Brais completa o contexto de DRAGAL.


Pedra da Serpe de Ponteceso






Brais Rey de 3º de ESO C segue axudándonos a completar o contexto en relación coa novela de Elena Gallego Abad, DRAGAL.



"As pedras da serpe:

As pedras da serpe son pedras con petroglifos chamados zoomorfos por gardar unnha similitude con animais, nestas laxes grabáronse as serpes na idade de bronce, por que? Non se sabe, pero hai diversas teorías, o que sí sabemos é que os paisanos fixeron as súas propias.
As lendas populares atoparon nestes gravados una fonte de superticións, mitos e demáis relatos que máis tarde a igrexa cristianizou a súa maneira, tal é o caso de San Hadrián, probablemente Hadrián sería una personaxe de lendas populares cun grande seguimento pola xente. Chegou a igrexa e fixoo santo, para quítalo da paganidade e por conveniencia."




"As catacumbas:


As catacumbas son depósitos funerarios típicamente romanos, estes non enterraban aos seus mortos, depósitábanos nun nicho escavado na pedra ou feito con ladrillos dalgún tipo. Naquela a demanda para seren “gardados” nas catacumbas era alta, tanto que nos nichos en vez de un corpo as veces había tantos que non había burato ningún…
Nas catacumbas celebrábanse ritos de sectas e relixións cando non querían seren atopados ou cando querían sentirse preto dos devanceiros.
Estas construccións soían facerse en galerías subterráneas nas que se facían ampliacións cada pouco e de maneira un tanto peculiar, facendo delas un labirinto caótico e escuro.
Na orixe da igrexa de san Pedro, as catacumbas eran o lugar no que se construíu o templo Dragalino, supoño porque eran un labirinto no que ninquén se metía sen un mapa na aman e estaba lonxe de miradas indiscretas.
 A igrexa foi una maneira de frear aos Dragalinos sen moito resultado, xa que estes seguiron entrando no templo de Dragal e mesmo anos máis tarde conseguiron substituír a cruz de pedra da fachada da igrexa pola quimera do dragón.Sen embargo o templo cristian resentiu a orde Dragalina ao acumular o poder das oracións de feligreses co paso sos séculos, e ao soterrar no esquecemento o pasadizo de debaixo do altar.
Un dos segredos dos pasadizos das catacumbas foi a cabeza metálica de Dragal, peza clave ao ser a chave máxica da cripta de Dragal e ao condensar una parte do poder deste."



Brais 

Los juegos del hambre

O grupo de lectura de 3ºA e 3ª CD de ESO acabamos de ler "Los juegos del Hambre", as opinións sobre o libro foron moi dispares, por exemplo a profe non lle gustou nada en cambio xa hai quen non aguantou sen ler a segunda e a terceira parte!!

Deixamovos o trailer da película para que vos fagades unha idea do tema deste libro de ciencia ficción, que como descubrimos nas nosas conversas dos venres, as veces, non está tan lonxe da realidade.