25.5.16

ENCONTRO ENTRE CLUBS DE LECTURA CON VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA E ROTEIRO POLA CIDADE


Hoxe fixemos un encontro entre o Club de Lectura de 1º da ESO e o Club de Lectura de Banda Deseñada. Pasámolo en grande! Foi un día moi completo... Primeiro fomos a unha visita guiada da Exposición de Castelao no Museo de Pontevedra. Despois fixemos un Bingo moi orixinal que era un xogo de presentación para que os lectores dos Clubs se coñeceran entre si. A continuación fixemos un roteiro buscando os “Segredos ocultos” da Cidade de Pontevedra onde os alumnos aprenderon moitas curiosidades da cidade por si mesmos e a través de explicacións de apoio (con visita ao campanario da Basílica de Santa María incluída!) Finalmente, cando rematamos de xantar subimos ao palco da música da Alameda e intercambiamos vivencias, gustos, experiencias, etc entre os distintos compoñentes dos Clubs.




1 comentario:

  1. Foi un día inesquecible, que mereciamos todas e todos despois de nove meses de traballo no club.

    O mellor...a sensación de que os rapaces e rapazas teñan ganas de seguir participando, lendo e comentando libros nos próximos cursos e de que o traballo feito polas profes pagou a pena!!!

    Foi fantástica a experiencia!!!

    Grazas a tod@s

    ResponderEliminar